Sempre Xonxa

» Chano Piñeiro, 1989
Categoría: Ficción
(Drama)
Info:
  • 2543 reproduccións
  • 31 fans
  • Publicado o 13/6/09
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais
Captura da portada
Xonxa, Pancho e Birutas medran xuntos. Xa na adolescencia Birutas emigra a México e durante dez anos non hai noticias del. Ao cabo dese tempo, ben traxeado e dono dun bo coche, regresa a aldea coa certeza de que Xonxa o agarda... Pero Xonxa e Pancho casaron xa vai para tres anos e teñen unha filla “Xonxiña”. Birutas convence ao seu amigo de que na aldea non hai futuro e ofrécelle un posto de home de confianza á fronte dalgún dos seus negocios.
Duración:
108:35
Ano:
1989

Novas

  • «Chano Piñeiro nos contagiaba su ilusión y su energía y nos hacía participar en proyectos casi imposibles»

    4/12/2008 Julián Núñez fue el primer ayudante de dirección de Chano Piñeiro y participó en el rodaje de Mamasunción como testigo de excepción. El director madrileño asegura que nunca antes ni después participó en un proyecto semejante al de Piñeiro.

  • «Sempre Xonxa», por Víctor F. Freixanes

    1/12/2007 Cúmprense trinta anos da primeira produción de Chano Piñeiro: Os paxaros morren no aire (1977), e case vinte anos dos primeiros traballos de Sempre Xonxa (1989), sen dúbida o seu filme máis ambicioso e máis coñecido. Algúns amigos estamos a conmemorar o acontecemento, no marco de certames, onomásticas e celebracións do audiovisual galego.

  • FEMÉRIDE: O espíritu de Chano Piñeiro

    21/03/2007 A Axencia Audiovisual Galega quere render unha homenaxe a un dos piares fundamentais do actual audiovisual galego: Chano Piñeiro. O director de Forcarei morreu tal día como hoxe no ano 1995 tras padecer unha longa enfermidade. Pasada unha ducia de anos convén facer unha reflexión sobre o seu legado.

  • "Chano Piñeiro", por Manuel Bragado

    24/11/2005 Álvaro Cunqueiro e Chano Piñeiro viviron a súa nenez entre os albarelos, os botes e as botellas de porcelana das boticas dos seus pais. Quizais por andar enredando entre aquelas fermosas pezas cerámicas de Manises, que contiñan principios activos da farmacopea tradicional, os dous adquiriron unha capacidade xenial e única para dispensar ficcións, para inventar novos mundos ou a velos dende o outro lado do espello.

Galería de imaxes

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

9 comentarios
Só mostra os 5 comentarios máis recentes Ver todos
La he visto como cuatro veces y no me canso de verla. Una joya del cine gallego.
Daniel López 24/06/2009
O gran filme do cine galego. Ten toda a esencia da nosa cultura como pobo.
Sempre Xonxa, es un gran filme, que no comprendo como en el mercado español, careció de éxito. En Galicia fue todo lo contrario, con un éxito rotundo. Miles de gallegos conocieron la historia de un triángulo amoroso en una aldea remota que está muriendo poco a poco por la emigración, por el hambre y las injusticias. El director Chano Piñeiro, compañero en mis primeras y únicas aportaciones al cine en super ocho, con el documental A Romería da Morte y Después del Silencio. Chano Piñeiro, demostró en su pelicula,la importante facilidad para conectar con el espectador con singular magía. Mención especial merece la interprete Uxía Blanco, la que conozco hace años y le tengo un afecto muy especial,por los años que pasó en mi ciudad de Tuy, de los que guardo gratos recuerdos.
Fernanda del Nido 27/06/2009
Por fin pude verla!!!. GRACIAS Flocos!!!. La dusfruté muchísimo!!!
Xenial, francamente xenial, unha obra maestra do cinema galego, votámoste de menos chano, porque te foches tan axiña, tanto que podías facer, tanto que poderíamos desfrutar e tanto que nos queda por aprender, GRAZAS CHANO.
Fantástica!
Fran Estévez 14/07/2009
Por fin a vexo.. Xa ma perdín cando a botaron na Galega non fai moito. Pero daquí non pasaba! Está moi ben, sobre todo a dobraxe; que pra iso temos quizáis os millores dobradores do mundo! (Non?)
Fantástica!.Fai moitos anos que a vin por primeira vez.Penso que é unha das mellores películas que reflexan as consecuencias da emigración en Galicia.
Darel Lucoi 28/01/2010
Lembro perfectamente a primeira vez que vin esta película. Foi nun cine na rúa, en Negreira. Arrabeava coas gañas de vela. Eu era un pequeneiro e a vendían coma a primeira pelícua falada oroxinalemente en galego, a peimeira película galega!! Fiquei moi orgulloso e o nome de Chano Piñeiro, Deus o teña na gloria, por semrpre permaneceu impreso na miña cabeza.

Non é e mellor película do mundo pero é única e irrepetible.
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS