Sulfato

» Abelardo Rendo, 2008
Categoría: Ficción
(Drama)
Info:
  • 1286 reproduccións
  • 28 fans
  • Publicado o 18/12/08
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais
Captura da portada
As nais son esas persoas que están sempre aí, ao noso carón, sen pedir nunca nada a cambio. Mais tamén necesitan de sinxelos retais de esperanza, de amor para seguir adiante na vida. Sulfato é unha historia sobre a importancia das cousas pequenas, eses anaquiños de maxia que nos regala a vida de cando en vez e que nos dan folgos e nos debuxan un sorriso para continuar....
Director:
Abelardo Rendo
Duración:
6:58
Ano:
2008

Novas

  • Estrea de "Sulfato", de Abelardo Rendo, en Ribadulla

    18/12/2008 Mañá xoves, 9 de outubro, ás 20h30, na Casa de Santa Cruz de Rivadulla vai ter lugar a estrea da última e agardada curtametraxe de Abelardo Rendo que leva por título Sulfato

  • Abelardo Rendo: “A xente botouse ao monte e está a tentar facer as súas propostas”

    7/10/2008 Vedra-Santiago, Santiago-Vedra. Curre e trafego dun sito a outro. Atender con Navia e Xandre a que non caian pinos centenarios ou gabear con eles polo Pico Sacro en busca de meigas ou de paraísos perdidos. Non obstante, Abelardo Rendo e moito máis… É un creador de imaxes que ten como obxectivo depositar nelas algo da extraordinaria bonhomía que lle sobra e que agasalla a todo quen ten o pracer de coñecelo.

Galería de imaxes

Outros videos

Esta curta pertence a:

abelardo rendo rial

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

13 comentarios
Só mostra os 5 comentarios máis recentes Ver todos
María Yáñez 18/12/2008
Que bonita :)
Xornal Certo 18/12/2008
Vestuario, un 10. Esa bata-mono de traballo de nai nunca pasará de moda.

Emocionounos. Os que somos da aldea estamos ben debuxados aquí.
Isaac González 18/12/2008
Me encanta que sulfato forme parte para sempre da historia do audiovisual galego.
Así si que podemos contar historias propias que son de todos.
Parabéns.
Pachi Baranda 18/12/2008
Oes, Abelardo? Está moi chula... tráeme recordos, moitos.
Moisés Álvarez 19/12/2008
Estupendas as cores deste rural bastardo e expresivo no que nos criamos. Azul 100% sulfato!
Xavier 19/12/2008
Tenra e bonita
Paco Penas 20/12/2008
Todo aquelo que cheira a aldea é subliminal.
Interesantísimo tratamento da cor. Bó traballo.
David Outeiriño 29/01/2009
Sinxelamente fermoso!
abelardo rendo rial 30/01/2009
¡¡¡ muito obrighado!!! a todos e todas polas comentarios tan alentadoras que estamos a recibir, tamén adicarlles un saúdo a todos os alumnos/as da escola de produción audiovisual de Ourense polas premios outorgados a Sulfato.
Unha aperta a todos meus...
Alba Losada 20/04/2009
Veume o recordo da terra mollada nas vides da Torrente...Parabéns!
Unha chulada. Palabra e sensacións para gardar. saúdos
abelardo rendo rial 21/01/2010
obrigado Xosé Manuel
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS