The Bike

» Benjamin Carter, Juan Junquera, 2007
Info:
  • 434 reproduccións
  • 20 fans
  • Publicado o 4/1/09
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais
Captura da portada
The Bike é unha forma de actuar, de se mover, de xirar, de ascender e de descender. Unha forma de transportar a nosa sistemática forma de ser mediante a fusión coa súa estrutura a través dunha absoluta abstracción de todo aquilo apartado do camiño que percorremos nese momento. O simple feito de montar na bicicleta supón a aceptación dunha forza secundaria capaz de axudarnos a percorrer (por fóra ou por dentro) os sendeiros que a rutina perfila con trazo groso sobre a superficie da vida. O simple feito de impulsar os seus pedais implica a asunción da súa indispensabilidade á hora de enfiar calquera iniciativa individual. Por iso sempre se atopa dispoñíbel. Sempre. Nos lugares e momentos oportunos, sen fallar, precisa coma un mecanismo de reloxo. Alí onde se inicia una rutina, a bicicleta resulta necesaria. E, entón, ela aparece. Para todos e para ninguén á vez. Formando parte da nosa vida. Da nosa rutina. E tamén do noso xeito máis ou menos colorista de enfrontarnos a ela.
Duración:
9:36
Ano:
2007

Novas

Galería de imaxes

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

12 comentarios
Só mostra os 5 comentarios máis recentes Ver todos
Berto Yáñez 5/01/2009
que chula
Xurxo González 5/01/2009
Saudos Sr.Mundo! Unha interesante mirada doutro planeta totalmente necesaria!
Pachi Baranda 5/01/2009
Sinxela, evocadora.
Manel Solo 5/01/2009
Gracias artistas. Dende agora a miña mirada veráse enriquecida ata cotas inimaxinables. A beleza cotiá
está nos ollos de quen é capaz de vela. Que gozada aprender estas cousas, e que sorte atopar a vosa bici. Volverei a ver mil veces esta obra de arte.
ivan marcos 7/01/2009
Bike is Beautiful, ese zig-zag na estrada é moi fermoso. Parabéns.
Gracias.
ivan marcos 7/01/2009
Por certo (sres de Flocos) , pregúntome se non sería apropiado cambia-la etiqueta de Experimental por outra como a de Vangarda (ou algo semellante). Sendo ainda xeral, polo menos non parece poñer en cuestión a madurez ou a calidade dos proxectos e si valora o esforzo por renovar contidos e formas.
E dificíl escoitar o termo Experimental sen rin-tin-tín.
Preciosa . A mirada distante de quen espera e observa. Arquitectura equilibrada de imaxe e intencións. Unha peza con calidade estética e de contido. Así da gusto. Experimental, non sei, diferente, dende logo.
David Outeiriño 3/02/2009
Riete ti de Audrey Hepburn na vespa de Vacaciones en Roma!!
pablo prado 8/02/2009
Fermosa.
miguel mariño 23/05/2009
Un gustazo poder pasear por unha cidade sen ruidos molestos. "I want to ride my bicycle".
Ben rodada esa bicicleta. Amais, case sempre, boas localizacións e moi ben disposta a cámara.

Unha proclama do señor Crítico Veraz para vós, rapaces: en Galiza, en bicicleta!
Introspección na resonancia Audiovisual da Vangarda onde a forza cinética das imaxes trasladan ó espectador activo a un mundo de sensacións, onde a iniciativa é un exponente crucial na acción. A banda sonora fusiona o efecto doppler da dinámica sensorial co son do repinicar da bici nunha harmonía que nos traslada nos diversos espazos dun mundo virtual. Noraboa os seus autores por unha peza abraiante.
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS