Se se houbese deixado ao peso dos corpos formular a súa propia canción,esta secuencia podería integrarse perfectamente no filme 'Prénom Carmen' ( e non o indico en sentido meritorio nin por restarlle o mérito que teña ) ...-Aah!Maldita música extradiexética! ...-Ah!pavorosa,crúa,mineral radicalidade!
O corpo do tipo, choutando á toa. A cabeza da tipa, dando cabezadas. Un cordel de por medio e ala, arte para todo cristo. Que barbaridade. Que chambonada máis grande.
Estética e beleza fusionados nunha obra audiovisual onde a danza adquire personalidade propia desvinculándose do son e fagocitando a metraxe para que a través do ritmo dos movementos sincopados narre as tensións dunha relación de parella con moitas ataduras. Bravo por unha peza chea de contidos simbólicos, a expresión do ser amado. Iconoplástica e surrealista.
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.